Benvida/o a este espazo
Desde Tagen Ata queremos pór a disposición da sociedade aqueles resultados dos traballos de localización e enxeñaría lingüística, desenvolvidos durante os últimos anos, e que cremos poden ser do teu interese.
Estas son as seccións xerais en que se estruturan os contidos:
- Localización (L10n). Neste apartado poderás encontrar diversos materiais derivados dos traballos de localización de software, como memorias de tradución no estándar TMX e ficheiros PO.
- Software. Algunhas das aplicacións que utilizamos precisan ser traducidas ou modificadas nalgún aspecto para funcionaren correctamente en contornos GNU/Linux.
- Lingüística computacional. Esta é unha liña aberta recentemente en Tagen Ata e que ten como resultado principal o corrector de linguaxe de xénero Exeria.
inicio.txt · Última modificación: 2009/05/25 14:02 por localizacion



