====== Benvida/o a este espazo ====== Desde [[http://tagenata.com|Tagen Ata]] queremos pór a disposición da sociedade aqueles resultados dos traballos de localización e enxeñaría lingüística, desenvolvidos durante os últimos anos, e que cremos poden ser do teu interese. Estas son as seccións xerais en que se estruturan os contidos: * [[Localización (L10n)]]. Neste apartado poderás encontrar diversos materiais derivados dos traballos de localización de software, como memorias de tradución no estándar TMX e ficheiros PO. * [[Software]]. Algunhas das aplicacións que utilizamos precisan ser traducidas ou modificadas nalgún aspecto para funcionaren correctamente en contornos GNU/Linux. * [[Lingüística computacional]]. Esta é unha liña aberta recentemente en Tagen Ata e que ten como resultado principal o corrector de linguaxe de xénero [[http://exeria.net/|Exeria]].