A Lingüística computacional, o Procesamento da linguaxe natural (NLP) e a Enxeñaría lingüística son campos de traballo con múltiples afinidades, o que os fai nalgúns aspectos de difícil separación. O nexo común é o uso dos computadores para a investigación e desenvolvemento de aplicacións de tratamento das linguas.
Na parte lingüística do proxecto Exeria tivemos a ocasión de aplicar coñecementos destes campos para a elaboración dos corpora de traballo, as análises de frecuencia de aparición de termos ou a análise de concordancias.
lingueistica_computacional.txt · Última modificación: 2009/05/14 18:38 por localizacion



